No día de onte, a organización do festival Murallón de Son tomamos unha importante decisión.
O festival que se celebrará o 8 de outubro será DE BALDE, e estará aberto a todas as persoas que queiran asistir.
Queremos, antes de nada, pedir disculpas polas posibles molestias ocasionadas e esperamos que esta decisión, lonxe de desanimar a aquelas persoas que apostaron por nós dende o principio, sexa un incentivo máis para disfrutar do festival.
Por suposto, ás persoas que adquiriron xa unha entrada, devolveráselles a cantidade INTEGRA da mesma, incluidos os gastos de xestión, que asumiremos dende a organización.
Ademais, aquelas persoas agasalladas en algún dos sorteos, serán obsequiadas cun premio polo mesmo valor.
Polo demais, o festival seguirá previsto coas mesmas características coas que estaba concebido. Haberá recinto pechado, acampada, mercado etc.
Moi pronto publicaremos máis información sobre isto.
Simplemente animar a todo o noso batallón a asistir con máis ganas se cabe.
Moitas grazas a todas e vémonos o 8 de outubro!