Mercado do festival

Aberto o prazo de solicitudes...

Abrimos o prazo para a solicitude de postos de venda no mercado do festival Murallón de Son.

Se tes un posto de artesanía, restauración, produtos ecolóxicos, moda galega, arte ou outro tipo de actividade que queiras mostrar no noso mercado, solicita a túa praza.

Descarga as bases legais con toda a información e a solicitude nas seguintes ligazóns.

Envíanos a túa solicitude xunto coa documentación indicada nas bases ao noso enderezo electrónico murallondeson@gmail.com, co asunto “SOLICITUDE DE POSTO”

O prazo de presentación de solicitudes rematará o próximo venres 8 de setembro de 2023.

Al seguir navegando se almacenan cookies que permiten que tu experiencia de navegación sea más fluida. Leer másplugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies