Zona de descanso

Reserva xa a túa acampada gratuita

Camping

Murallón de Son conta con zona de descanso que se adapta á perfección ás necesidades das festivaleiras e festivaleiros. Atópase a escasos metros do recinto do festival, o que facilitará o movemento entre a zona de descanso e o recinto de concertos, primando a comodidade das persoas asistentes.

Haberá unha zona habilitada para as tendas e outra zona delimitada para caravanas ou furgonetas.

A ubicación

Trátase dunha acampada interior ubicada nas instalacións do polideportivo do CEIP Ramón de Valenzuela. Un recinto acondicionado con todos os servizos básicos hixiénico-sanitarios, polo que dispoñeredes de baños, aseos, duchas etc. Todo deseñado para que as persoas asistentes poidan pernoctar na vila de forma sinxela e cómoda. 

Totalmente gratuito

A zona de acampada é gratuita para os asistentes, polo que non se cobrará ningún cargo pola estancia.

Al seguir navegando se almacenan cookies que permiten que tu experiencia de navegación sea más fluida. Leer másplugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies