Comunicado Oficial

INFORMACIÓN VENDA DE ENTRADAS #MURALLON2024

Queremos compartir con vos unha importante actualización sobre o noso festival. Despois de varios anos incribles de compartir música, arte e cultura de forma gratuita, tomamos unha decisión difícil pero necesaria. Este ano o noso festival pasará a ter un custo de entrada.

Dende o comezo, o noso festival foi e é un proxecto asociativo creado co obxectivo de levar a cultura a todos os recunchos, especialmente na nosa contorna.

Sen embargo, para manter a sostibilidade a longo prazo e continuar ofrecendo unha experiencia de calidade, os custos operativos foron aumentado e necesitamos garantir un evento memorable ano tras ano. O cobro dunha entrada permitirá seguir cubrindo estes gastos e seguir crecendo como festival.

Queremos asegurarvos que seguiremos comprometidos coa nosa comunidade e coa difusión da cultura en todas as súas formas.

Agradecemos profundamente o voso apoio.

¡Únete ao batallón! 🎶

Copyright © 2024