Zona de acampada

Reserva xa a túa acampada

O camping do Murallón de Son é totalmente gratuito, polo que habilitaremos unha zona de acampada para toda a xente que precise quedar a durmir a escasos metros da zona do festival.

¡Só tes que seleccionar a opción de acampada ó mercar a entrada!

¿Qué días acamparedes?

A ubicación

Trátase dunha acampada interior ubicada nas instalacións do polideportivo do CEIP Ramón de Valenzuela. Un recinto acondicionado con todos os servizos básicos hixiénico-sanitarios, polo que dispoñeredes de baños, aseos, duchas etc. Todo deseñado para que as persoas asistentes poidan pernoctar na vila de forma sinxela e cómoda. 

Camping

Murallón de Son conta con zona de descanso que se adapta á perfección ás necesidades das festivaleiras e festivaleiros. Atópase a escasos metros do recinto do festival, o que facilitará o movemento entre a zona de descanso e o recinto de concertos, primando a comodidade das persoas asistentes.

Camping Murallón de Son

+ Info

Por cuestións de seguridade, só se poderá acampar con tendas de campaña, quedando restrinxido o uso de camping gas, lume ou calquer elemento inflamable. así como calquera dispositivo de audio que poida interferir no descanso dos demáis campistas durante as horas de descanso.

A acampada estará habilitada dende o sábado ás 12:00 horas ata o domingo ás 15:00 horas.